O Pleno de Frades aproba definitivamente os seus orzamentos para 2021, que ascenden a 2,4 millóns e aumentan nun 54% o gasto social
O Pleno desestimou a alegación tipo que Unión Sindical Obrera está a presentar en distintos municipios O pleno municipal de Frades, reunido esta tarde en sesión extraordinaria, desestimou a alegación presentada por Unión Sindical Obrera e aprobou definitivamente os Orzamentos para 2021, que ascenden a 2.467.645,46 euros, un 15,94% máis ca en 2020 (2.135.721,06 €). …